21.10.13

MIRADA CARA O ALTO


   ¿Fixástevos algunha vez no vó dun buitre e dunha águia?.  E fascinante. Unha ledicia dende o momento en que saltan ó vacío e despregan as súas ás. Son colosos sobrevoando todo, teñen o privilexio de ver máis alá do horizonte. Podría estar xunto a eles durante horas só polo pracer de descubri-las mensaxes que deixan no aire, porque máis co temor que poida suscitar a súa natureza carroñeira, a verdade é que dan paz.
   Recordo cando só os ollaba nas películas de vaqueiros, pero fai pouco olleinos nas Hoces do río Júcar e Huécar, en Cuenca, donde a Serranía desprega toda a súa beleza. Non coñecía ese lugar, nin que nesa paraxe espectacular existisen moreas de buitres, alimoches e águias. Vaixei do coche para ollalos durante un bo tempo, aí no medio da nada, coa banda sonora que marcaba o vento cepillando as rochas das "hoces". Contei cen, douscentos, trescentos.... perdín a conta e a noción do tempo. Ese dia entendin, como moitos outros, que non ai maior prodixio e tesouro co que crea a natureza e que, a veces, olvidamos deternos un intre só para mirar cara o alto.



11.10.13

ANTES DE DEIXAR DE SER GALICIA



   O bosque é o maior patrimonio dun pobo, o tesouro máis prezado para as súas xentes. Poucos espectáculos resultan tan fermosos coma o reflexo do cambio das estacións, e especialmente agora no outono. Nestes días un queda embelesado vendo as cores das árbores e os primeiros cogomelos e castañas da tempada, e o cheiro do musgo despois da choiva.
   Cando un ama ó bosque todo parece pouco. Quixera que fosen máis os carballos, as faias e aciñeiras. Quixera máis castiñeiros, nogueiras e salgueiros ao longo do río. Por iso, desexo que tóda-las paisaxes sexan galegas. Que un manto verde se espallase por tóda-las partes e cubrise a pel seca de toda a península.
   Porque Galicia é o bosque, e o bosque é Galicia. Por iso, os que amamos o bosque, vivamos donde vivamos, sempre estamos mirando de reollo cara a Galicia. Menos agora. Agora miramos de frente. Almorzamos cada día lendo a prensa e deitámonos visitándoa por derradeira vez. E créanme, e insufrible ler esta crónica constante do lume. Mañán rematará -pensamos-, seguro que atoparán solución. E non. Aí seguen os terroristas forestais, día tras día, empeñados en que Galicia deixe de ser o que é.
   En pouco máis de dúas décadas os asasinos do lume conseguiron queima-lo bosque pegándolle lume a unha cuarta parte da súa extensión: queimaron unha superficie equivalente a toda a provincia de Ourense. E digo pegarlle porque máis de tres cuartas partes dos incendios que estiveron asolagando Galicia foron provocados intencionadamente. O bosque en Galicia non se está a queimar:  estanno queimando....!
   Somos moitos os que dende dentro e fora de Galicia gritamos lume por tóda-las fiestras. Somos moitos os que empuñamos cada día o teclado dende o que estou a escribir en defensa dos bosques, pedíndolle as súas autoridades que asuman a situación coma unha emerxencia nacional. Moito antes da súa istoria, cultura, lingua e tradicións, un país é a súa paisaxe. Nada define e singulariza máis a unha terra nin lle otorga máis carácter que o seu lugar.
   E Galicia é un lugar extraordinario. É o país verde das paisaxes verdes. Por elo, antes de deixar de selo, desesperadamente e verán tras verán, vaciando a alma en cada palabra escrita berro:
   ¡ Galicia sálvate...!  ¡ Salva teus verdes...!
   ¡ Non permitas deixar de serte....!

José Luis Gallego
La Voz de Galicia. 30 de Septiembre de 2013.




24.9.13

SERRANIA DE CUENCA E ALBARRACIN


   Esta ruta é un itinerario completo a través de paisaxes e rincóns espectaculares do Parque Natural da Serranía de Cuenca. A ruta arranca no Mirador Natural da "Ventana del Diablo", dende donde se pode contempla-la Hoz do Río Júcar, uns impresionantes acantilados verticais de máis de 100 metros de altura con aterradoras cortaduras sobre o terreo, que xunto con centos de especies arbóreas crean unha atmósfera máxica ós pes dos farallóns donde anidan unha nutrida buitrera. Os vals seccionados polas chamadas "hoces" e os canóns fluviais excarvados polos ríos Júcar e Huécar permiten a nidificación dun número elevado de parellas de aves como o alimoche, o buitre e a águia real.
   Dende a Serranía atravésanse paisaxes pertecentes o Parque Natural do Alto Taxo, para chegar ata a Serranía de Albarracín, un mosaico de grande contraste xeolóxico, de erosión caprichosa sobre as rochas bermellas, de nacimento de ríos, de ceo azul, de luz e cor, de sendas e fauna omnipresente, de murallas defensivas, de arquitectura popular e de.... silencio.
   Se por algo se caracteríza a Serranía de Albarracín é polo seu aillamento xeográfico dando como resultado a actual despoboación e abandono de moitas actividades tradicionais pero mantendo un conxunto paisaxístico digno de conservar e xestionar para manter este legado tan importante e escaso nas sociedades modernas.
   Chegados ó pobo medieval de Albarracín, sorpréndenos o seu enclave, rodeado por un profundo "tajo" que fai de foso defensivo. O encanto está no trazado das súas rúas adaptadas á complexa topografía do terreo. Cada rinconciño, cada casa, é obxeto de admiración pola nosa parte. Chámanos a atención as súas portas con chamadores ou picaportes imitando pequenos e fantásticos dragóns. O pobo conta con 1.100 veciños e atópase proposto pola Unesco para declaralo Patrimonio da Humanidade. Considerado un dos pobos máis fermosos de España, non hai que agardar moito para visitalo aqueles quenes todavía non o fixeron.













17.6.13

RUTA -A Devesa da Rogueira-

  Distancia:  14 km.
  Tempo:  7 - 8 horas.


 A Devesa da Rogueira é unha ruta de sendeirismo que se pode percorrer nunha única xornada, pero merece a pena aproveitar unha fin de semán para dedicala a coñecer a SERRA DO COUREL, unha das comarcas galegas máis auténticas e descoñecidas. Así que para elo, o primeiro paso foi instalarse na Casa de Roca, na aldea de Paderne, concello do Folgoso do Courel.
   Esta ruta é unha das mellores "despensas da natureza" que nos quedan ós sendeiristas, un lugar para perderse e que ninguén te atope.
   A ruta, de dificultade alta, tárdase entre 7 e 8 horas en percorrela, ida e volta. Comeza na aldea de Moreda, donde o primeiro kilómetro transcorre por frondosos soutos de castiñeiros e prados dunha cor verde intenso ata chegar o regato da Rogueira. A partir de aquí comeza un forte ascenso de 4 kilómetros tendo que salvar un forte desnivel dende 750 metros a 1.430 metros de altitude, non recomendado para principiantes, alternándose variedades como texos milenarios, acibos, carballos, madroños, fresnos....
   No alto, chégase a un cruce de camiños donde parte outra ruta ata o Alto do Couto. Nos tomámo-lo desvío ata a Fonte do Cervo, de augas ferruxinosas, para coller folgos e repostar forzas. Dende aquí, se toma o sendeiro que leva o mirador do monte Polín, pero para os valentes coma nós, ousamos por face-lo descenso ata a Lagoa de Lucenza, enclavada baixo o monte Formigueiros, un vistixio do glaciarismo rodeada dunha agradable zona de pastos, lugar de refuxio de animais coma o corzo e o lobo. Despois dun aperitivo e un repousiño a carón da lagoa, iniciamo-la viaxe de volta cun forte descenso rompepernas, pero todo esforzo ten a súa recompensa, o seu aquel, polo cal recoñecemos que este sendeiro é realmente espectacular e idóneo para coñece-la devesa na toda súa dimensión. Voltaremos.










25.3.13

SEN TREGUA

Non para, non para e non para de choveeeeeer....! O tempo non da tregua para botarse o monte sen coller unha molladura. Os camiños están asolagados pola auga, o cal non deixa de ser divertido para os que amamos a natureza e as dúas rodas.








23.1.13

¿Cómo están ustedeeeeeees ?

Houbo unha vez, e non fai tanto tempo, que en España só había dous canais de televisión que se veían en branco e negro, que os nenos pudentes merendaban Nocilla e os demáis o que houbera, que no patio do recreo os equipos de fútbol formábanno máis de 20 xogadores por bando, e neses pequenos recreos a vida daba para cambiar cromos, xogar a churra e a naina ou falar dos paiasos da tele. Hoxe en día é compricado explicarlle a un neno o que supoñía sentarse diante do televisor a ver O Gran Circo de TVE con Fofó, Gaby, Miliki e Fofito. Mentres morría Franco e nacía a democracia os nenos cantabamos Hola Don Pepito, El auto feo, La gallina Turuleta e sobre todo convirtiron nunha "muletilla" xeneracional o clásico: ¿cómo están ustedeeeeeeeess?
   As súas carreiras de éxitos comenzaron en Cuba donde alcanzaron tanta sona que prolongaron a súa estancia durante nove anos, despois extenderon as súas actuacións a outros países latinoamericanos e tras 27 anos por aquelas terras, regresaron a España no ano 1973 para grabar trece programas de "Había una vez un circo"
Destas presencias lexendarias a derradeira en desvanecerse foi a de MILIKI. Era o paiaso máis querido polos nenos, o que o destrozaba todo, o que destruía os decorados cos seus axudantes, o derradeiro supervivinte dunha estirpe de artistas que facían rir.
   A morte de MILIKI fai xa dous meses, significou para min e supoño que para unha gran maioria de compañeiros da miña xeneración, a morte dun anaco da nosa infancia. Comentando en estas datas de atrás cos amigos esta nova, foron aparecendo momentos compartidos que pouco a pouco nos fixeron sorrír, como non podía ser doutro xeito ó tratarse do gran MILIKI. Sempre convencido de que hai que sorrir para estar vivos incluso nos momentos nos que menos razóns hai para facelo.
   Antes a Fofó e Gaby, e agora a MILIKY faránselle tributos polo seu gran traballo de paiaso, como músico e pola súa gran faceta humana en favor da infancia. Pero era sobre todo un gran mestre da comunicación. Nun tempo no que non había Twitter nen Facebook, MILIKI consigueu que millóns e millóns de nenos contestaran diante dun televisor: ¡Bieeeeeen...¡

¿quén o supera?



2.10.12

CAMIÑO DA AUGA


No Parque Natural LAS BATUECAS-SIERRA DE FRANCIA atópase o CAMIÑO DA AUGA, un itinerario circular entre os pobos de Mogarraz e Monforte de la Sierra. Estamos a falar do sur da provincia de Salamanca, entre soutos de castiñeiros, carballos, madroños, cultivos de cerdeiras e olivos..... e a auga está presente continuamente como son de fondo e como parte fundamental da paisaxe.
   O percorrido ten unha lonxitude de 7 kilómetros, nun entorno no que se aúna Arte e Natureza. O longo do camiño un conxunto de obras de destacados artistas invítannos a un repouso e a mirar doutro modo a paisaxe disfrutando dende o enredo e a sorpresa.

  ¿e qué dicir cando un se atopa ca vila de Mogarraz?.... Mogarraz é un pequeno pobo que aínda garda con celo as súas raíces xudeas. Apenas son trescentos veciños e está nomeado conxunto histórico artístico donde as construccións das casas forman entramados de madeira, pedra e adobe con airosos voadizos. As súas rúas manteñen o cheiro a leña e a tradicional costume de criar un "porco" e logo rifalo. Esta tradición simboliza a obrigada conversión ó cristianismo durante a época medieval por parte de quenes profesaban outras confesións, e de maneira especial os xudeos, moitos dos cales practicaban en segredo a súa relixión orixinal para evita-la Inquisición. A estos xudeos bautizáronnos co nome de "marranos". O marrano é engordado durante meses nas rúas da vila por tódo-los veciños para despois rifalo e os cartos recaudados usalos para bens sociais e culturais, e seguindo a tradición nunca chegan a matalo, acaso polo presunto distanciamento da súa antiga relixión que lles prohibía comer carne de porco. A istoria deste pobo pódese ler nos dinteis de pedra nas entradas das casas, na fala dos veciños e na súa forma de vida, un lugar que merece a pena visitar xunto co seu pobo veciño "La Alberca".


20.9.12

VOLTA CICLISTA ESPAÑA 2012

ETAPA 12.  Vilagarcía Arousa - Mirador de Ézaro. 190,5 km.


Final de etapa máxico. Para repetir.




 










4.6.12

A TERRA TEN FEBRE


As veces, para avanzar temos que voltar atrás. Non é sinxelo, máis non é imposible.



2.4.12

UNHA DE INCENDIOS

DESOLACIÓN
No que vai de ano, xa levamos o 80 % dos incendios de tódo-los ocorridos no 2008. ATERRADOR. Así o lín na nosa prensa recentemente. Uns dirán que é pola sequía. Outros porque os montes non se limpan (xa non te deixan nin coller piñas). Eu digo que a maioría é polos que están ahí, a espera, os chamados "asasinos do monte". Uns por un problema co veciño, outros para elimina-la maleza, e os peores porque atopan un determinado interés no lume. Ano tras ano, mes tras mes, conselleiro tras conselleiro, pero eles seguen ahí, prendendo no norte e no sur. Dalles igual Galicia.
Fai pouco foi o PARQUE DO XURÉS, en Ourense. Esta semán choran as FRAGAS DO EUME porque non poden soporta-la miseria moral dos asasinos do monte, e chora Galicia. O lume queimou xa 750 hectáreas dun dos parques naturais de maior valor ecolóxico de Europa. Que o lume se orixinara un Sábado as tres da tarde e en tres focos distintos simultáneamente, demostra a súa intencionalidade. 100 veciños desaloxados das súas casas. Noite de pesadelo.Teño amigos persoais que viven na "Capela", a carón das Fragas e as súas bágoas son as miñas.Carballos centenarios pasto das lapas. A súa voracidade é tal que se calcula que se tardarán días en apagalo por completo. ¿Mañán que será? ¿Cántos da miña xeración terán pasado a súa infancia durante o verán neste bosque sacro de deuses mitolóxicos?
Coñezo as FRAGAS coas súas numerosas rutas de sendeirismo, e o mesmo ca Taramundi e o Val dos Oscos da nosa veciña Asturias, cando se anda polos seus camiños só se entende que existen recunchos que son un refuxio para a alma, e entón o maior agasallo é o de contar coa gran sorte de poder ser da aldea, ese lugar donde a sensación de atoparse e compartir cos veciños é impagable. Neniñooo! -bérranche-, e sorrín. Fálanche dende o corazón, cos brazos abertos, coma cando tiña poucos anos. Os seus peores recordos tan só aparecen cando as campás tocan a morto. E a incendio. Darían media vida por salvar os seus montes. Eu teño estado no monte aterrado ollando dende a miña "biker" como as lapas do lume debuxaban as copas dos piñeiros. Atérrame a maldade da xente que prende lume na terra que nos dá de comer, sen piedade. Hoxe cheira novamente a incendio. E por riba, non sabemos organizarnos. Perdemos a esencia da aldea, ¡Qué mágoa...!. Non coidamos dos nosos montes e dos nosos ríos. Somos auga, somos terra. Non tomamos conciencia do que estamos perdendo. Non se pode ver o último raio do sol, con tanto fume. Calquera día non nos espera un seguinte solpor.
Publicado: Hutchinson