24.9.13

SERRANIA DE CUENCA E ALBARRACIN


   Esta ruta é un itinerario completo a través de paisaxes e rincóns espectaculares do Parque Natural da Serranía de Cuenca. A ruta arranca no Mirador Natural da "Ventana del Diablo", dende donde se pode contempla-la Hoz do Río Júcar, uns impresionantes acantilados verticais de máis de 100 metros de altura con aterradoras cortaduras sobre o terreo, que xunto con centos de especies arbóreas crean unha atmósfera máxica ós pes dos farallóns donde anidan unha nutrida buitrera. Os vals seccionados polas chamadas "hoces" e os canóns fluviais excarvados polos ríos Júcar e Huécar permiten a nidificación dun número elevado de parellas de aves como o alimoche, o buitre e a águia real.
   Dende a Serranía atravésanse paisaxes pertecentes o Parque Natural do Alto Taxo, para chegar ata a Serranía de Albarracín, un mosaico de grande contraste xeolóxico, de erosión caprichosa sobre as rochas bermellas, de nacimento de ríos, de ceo azul, de luz e cor, de sendas e fauna omnipresente, de murallas defensivas, de arquitectura popular e de.... silencio.
   Se por algo se caracteríza a Serranía de Albarracín é polo seu aillamento xeográfico dando como resultado a actual despoboación e abandono de moitas actividades tradicionais pero mantendo un conxunto paisaxístico digno de conservar e xestionar para manter este legado tan importante e escaso nas sociedades modernas.
   Chegados ó pobo medieval de Albarracín, sorpréndenos o seu enclave, rodeado por un profundo "tajo" que fai de foso defensivo. O encanto está no trazado das súas rúas adaptadas á complexa topografía do terreo. Cada rinconciño, cada casa, é obxeto de admiración pola nosa parte. Chámanos a atención as súas portas con chamadores ou picaportes imitando pequenos e fantásticos dragóns. O pobo conta con 1.100 veciños e atópase proposto pola Unesco para declaralo Patrimonio da Humanidade. Considerado un dos pobos máis fermosos de España, non hai que agardar moito para visitalo aqueles quenes todavía non o fixeron.