17.6.13

RUTA -A Devesa da Rogueira-

  Distancia:  14 km.
  Tempo:  7 - 8 horas.


 A Devesa da Rogueira é unha ruta de sendeirismo que se pode percorrer nunha única xornada, pero merece a pena aproveitar unha fin de semán para dedicala a coñecer a SERRA DO COUREL, unha das comarcas galegas máis auténticas e descoñecidas. Así que para elo, o primeiro paso foi instalarse na Casa de Roca, na aldea de Paderne, concello do Folgoso do Courel.
   Esta ruta é unha das mellores "despensas da natureza" que nos quedan ós sendeiristas, un lugar para perderse e que ninguén te atope.
   A ruta, de dificultade alta, tárdase entre 7 e 8 horas en percorrela, ida e volta. Comeza na aldea de Moreda, donde o primeiro kilómetro transcorre por frondosos soutos de castiñeiros e prados dunha cor verde intenso ata chegar o regato da Rogueira. A partir de aquí comeza un forte ascenso de 4 kilómetros tendo que salvar un forte desnivel dende 750 metros a 1.430 metros de altitude, non recomendado para principiantes, alternándose variedades como texos milenarios, acibos, carballos, madroños, fresnos....
   No alto, chégase a un cruce de camiños donde parte outra ruta ata o Alto do Couto. Nos tomámo-lo desvío ata a Fonte do Cervo, de augas ferruxinosas, para coller folgos e repostar forzas. Dende aquí, se toma o sendeiro que leva o mirador do monte Polín, pero para os valentes coma nós, ousamos por face-lo descenso ata a Lagoa de Lucenza, enclavada baixo o monte Formigueiros, un vistixio do glaciarismo rodeada dunha agradable zona de pastos, lugar de refuxio de animais coma o corzo e o lobo. Despois dun aperitivo e un repousiño a carón da lagoa, iniciamo-la viaxe de volta cun forte descenso rompepernas, pero todo esforzo ten a súa recompensa, o seu aquel, polo cal recoñecemos que este sendeiro é realmente espectacular e idóneo para coñece-la devesa na toda súa dimensión. Voltaremos.