¿Fixástevos algunha vez no vó dun buitre e dunha águia?. E fascinante. Unha ledicia dende o momento en que saltan ó vacío e despregan as súas ás. Son colosos sobrevoando todo, teñen o privilexio de ver máis alá do horizonte. Podría estar xunto a eles durante horas só polo pracer de descubri-las mensaxes que deixan no aire, porque máis co temor que poida suscitar a súa natureza carroñeira, a verdade é que dan paz.
Recordo cando só os ollaba nas películas de vaqueiros, pero fai pouco olleinos nas Hoces do río Júcar e Huécar, en Cuenca, donde a Serranía desprega toda a súa beleza. Non coñecía ese lugar, nin que nesa paraxe espectacular existisen moreas de buitres, alimoches e águias. Vaixei do coche para ollalos durante un bo tempo, aí no medio da nada, coa banda sonora que marcaba o vento cepillando as rochas das "hoces". Contei cen, douscentos, trescentos.... perdín a conta e a noción do tempo. Ese dia entendin, como moitos outros, que non ai maior prodixio e tesouro co que crea a natureza e que, a veces, olvidamos deternos un intre só para mirar cara o alto.


