Houbo unha vez, e non fai tanto tempo, que en España só había dous canais de televisión que se veían en branco e negro, que os nenos pudentes merendaban Nocilla e os demáis o que houbera, que no patio do recreo os equipos de fútbol formábanno máis de 20 xogadores por bando, e neses pequenos recreos a vida daba para cambiar cromos, xogar a churra e a naina ou falar dos paiasos da tele. Hoxe en día é compricado explicarlle a un neno o que supoñía sentarse diante do televisor a ver O Gran Circo de TVE con Fofó, Gaby, Miliki e Fofito. Mentres morría Franco e nacía a democracia os nenos cantabamos Hola Don Pepito, El auto feo, La gallina Turuleta e sobre todo convirtiron nunha "muletilla" xeneracional o clásico: ¿cómo están ustedeeeeeeeess?
As súas carreiras de éxitos comenzaron en Cuba donde alcanzaron tanta sona que prolongaron a súa estancia durante nove anos, despois extenderon as súas actuacións a outros países latinoamericanos e tras 27 anos por aquelas terras, regresaron a España no ano 1973 para grabar trece programas de "Había una vez un circo"
Destas presencias lexendarias a derradeira en desvanecerse foi a de MILIKI. Era o paiaso máis querido polos nenos, o que o destrozaba todo, o que destruía os decorados cos seus axudantes, o derradeiro supervivinte dunha estirpe de artistas que facían rir.
A morte de MILIKI fai xa dous meses, significou para min e supoño que para unha gran maioria de compañeiros da miña xeneración, a morte dun anaco da nosa infancia. Comentando en estas datas de atrás cos amigos esta nova, foron aparecendo momentos compartidos que pouco a pouco nos fixeron sorrír, como non podía ser doutro xeito ó tratarse do gran MILIKI. Sempre convencido de que hai que sorrir para estar vivos incluso nos momentos nos que menos razóns hai para facelo.
Antes a Fofó e Gaby, e agora a MILIKY faránselle tributos polo seu gran traballo de paiaso, como músico e pola súa gran faceta humana en favor da infancia. Pero era sobre todo un gran mestre da comunicación. Nun tempo no que non había Twitter nen Facebook, MILIKI consigueu que millóns e millóns de nenos contestaran diante dun televisor: ¡Bieeeeeen...¡
¿quén o supera?
