No Parque Natural LAS BATUECAS-SIERRA DE FRANCIA atópase o CAMIÑO DA AUGA, un itinerario circular entre os pobos de Mogarraz e Monforte de la Sierra. Estamos a falar do sur da provincia de Salamanca, entre soutos de castiñeiros, carballos, madroños, cultivos de cerdeiras e olivos..... e a auga está presente continuamente como son de fondo e como parte fundamental da paisaxe.
O percorrido ten unha lonxitude de 7 kilómetros, nun entorno no que se aúna Arte e Natureza. O longo do camiño un conxunto de obras de destacados artistas invítannos a un repouso e a mirar doutro modo a paisaxe disfrutando dende o enredo e a sorpresa.
¿e qué dicir cando un se atopa ca vila de Mogarraz?.... Mogarraz é un pequeno pobo que aínda garda con celo as súas raíces xudeas. Apenas son trescentos veciños e está nomeado conxunto histórico artístico donde as construccións das casas forman entramados de madeira, pedra e adobe con airosos voadizos. As súas rúas manteñen o cheiro a leña e a tradicional costume de criar un "porco" e logo rifalo. Esta tradición simboliza a obrigada conversión ó cristianismo durante a época medieval por parte de quenes profesaban outras confesións, e de maneira especial os xudeos, moitos dos cales practicaban en segredo a súa relixión orixinal para evita-la Inquisición. A estos xudeos bautizáronnos co nome de "marranos". O marrano é engordado durante meses nas rúas da vila por tódo-los veciños para despois rifalo e os cartos recaudados usalos para bens sociais e culturais, e seguindo a tradición nunca chegan a matalo, acaso polo presunto distanciamento da súa antiga relixión que lles prohibía comer carne de porco. A istoria deste pobo pódese ler nos dinteis de pedra nas entradas das casas, na fala dos veciños e na súa forma de vida, un lugar que merece a pena visitar xunto co seu pobo veciño "La Alberca".





