3.11.11

2 X 1


Inicio de tempada. O TAMA e mailo HUTCH retomaron a tempada de BTT coa ascensión ó Monte San Lois e a metade do Monte Iroite. Non dou para mais, a falta de rodaxe fíxose notar pero aquí estamos de novo, con gañas, poñendo a andar novamente a bici. Saímos de Noia pola Chainza, Testal e aldea de Taramancos para facela subida a San Lois, descendemos pola Armada (os cazadores xa iniciaron a batida, así que coidado a partir de agora) ata Filgueira, ascensión rompepernas pola aldea de Vilaboa, descenso ata Soutelo e ascensión polo monte ata Iroite. Difícil ascensión si se sube por Soutelo, a pista con moita grava fai que se enterren as rodas e hai que facelo dobre de esforzo para non baixar da bici, e encima os "tabáns" picando nas pernas. Súa puta.....  !Matan a ún...!
Esta semana repetimos ruta similar polo lado sur do monte ata Iroite, aínda que no descenso ousamos por facer algo de trialeira. Quedamos a espera de cos demais compoñentes se vaian incorporando pouquiño a pouco.
Firmado: Hutch