14.10.11

HAIQUIRINDO a 70 ou 80

O obxetivo desta festa foi a de reindivicar a unha xeración, a miña, a de tódo-los aqueles que viñemos o mundo nos 70. A nosa xeración non estivo na Guerra Civil, nin no Maio do 68, nin corrimos diante dos "grises" e por non vivir activamente a Transición dinnos que non temos ideais, algo do que nunca sabrán os nosos descendentes.
Nos anos 80 rompéronse moldes coa estética e a música novedosa e cos modernos peiteados, eran os anos da "movida" vivida pola nosa xeración. A dos ANOS 70 foi a xeración derradeira que aprendeu a xogar na rúa as chapas, o trompo, as canicas, a comba, a goma e o rescate, e o mesmo tempo foi a primeira que aprendeu a xogar cos videoxogos, que foi a parques de atraccións e que ollou por primeira vez os debuxos animados en cor.
Os Reis Magos non sempre traían o que pedíamos, choramos ca morte de Chanquete e cas putadas da señorita Rottenmayer e ca nai de Marco (aquel neno que atopou a súa nai nun cambio de rasante...)
Fomos dos primeiros en poñer vaqueiros de campá, de pitillo, de pata de elefante e coa costura torcida. O noso primeiro chandal era de cor azul mariño con franxas brancas na manga e as nosas primeiras zapatillas de marca tuvémolas pasado-los 12 anos. Comenzabamo-lo colexio cando o 1 de Novembro aínda era o día de "Todos los Santos" e non Halloween, cando todavía se podía repetir curso, fomo-los derradeiros en facer BUP e COU e os pioneiros da ESO. Somos a primeira xeración en incorporarnos a traballar a través dunha ETT e os que non lles costa un peso botarnos do traballo.
Vimos caelo muro de Berlín e a Boris Yelsin borracho tocándolle o cú a súa secretaria, os da nosa xeración foron a guerra de Bosnia, gritamos o de "OTAN non, bases fora" sin saber aínda moi ben o que era aquelo, pois o que máis sabiamos de guerra era a de "Star Wars". Aprendimos a programa-lo video antes que nadie e a xogar co Spectrum. Somos a xeración que recordamos a Enrique del Pozo con Ana, que recordamos a "Mazinger Z", a "Comando G" e a Espinete e Don Pimpón e Chema (o panadeiro farlopeiro). Íamos ó cine a velas películas de Parchís e crecemos escoitando a Tino Casal, Europe e todo o grupete de imitadores. Somos os da explosión do Challenger, da "cantada" de Arkonada, dos mundos de Yupi e das pesetas loiras. Nos emocianamos con Superman e ET. Comíamos "Tronquitos", "Chapelas" e "Phosquitos" pero os "Tigretones" eran o mellor, aínda que aquelo que empezaba a chamarse "Bollycao" non estaba de todo mal. Comíamos "Sugus", chupas de "Kollack" e chicles "Chew" de fresa ácida.
Somos a xeneración de "Tocata", "A Bola de Cristal", "La Abeja Maya", a "Orquestra Mondragón", a xeración da "Quinta do Buitre". Aprendimos baloncesto con Epi, Corbalán, Iturriaga, Petrovic e Larry Bird. Pola tele votaban "Starsky e Hutcht", "Aplauso", "Sábado Noche" e o "Un Dos Tres" de Kiko. As rapazas namorábanse de Don Jhonson en "Miami Vice" mentres nós facíamos o mesmo con Kelly LeBrock en "La Mujer de Rojo" e Brooke Shields en "El Lago Azul". Daquela o que coñeciamos de letras era a "Carpanta", "Rompetechos" "SuperLopez", "Anacleto Agente Secreto" e o noso heroe o "Capitán Trueno", e de números sabiamos co 600 era un utilitario normal, o 124 un coche familiar e o 131 unha berlina de luxo, e o 23F pareceunos un bo día porque non houbo clase e poñían "Grease" pola tele. O noso grito de guerra foi o de Gabi, Miliki e Fofito: "¿cómo están ustedes....?. Somos a derradeira xeración que vimos os nosos pais poñer a baca do coche ata o cú de equipaxe para ir de vacacións. Somos a derradeira xeración das litronas e dos porros.
A verdade e que mirando atrás e difícil crer que estemos vivos na España de antes porque:
Nós viaxabamos en coches sen cinto de seguridade traseiros, sen "sillitas especiais" e sen "air-bags", facíamos viaxes de 10 horas con cinco persoas nun 600 ou nun Renault 4 e non sufríamo-lo síndrome da clase turista. Non tivemos enchufes con proteccións nin frascos de mediciñas con tapa a proba de nenos. Andabamos na bici sen casco nin protectores para xeonllos. Os columpios eran de metal e coas beiras en pico e xogabamos a ver quen era o máis besta. Pasabamos horas construíndo "carricoches" para baixar polas costas e só entonces era cando descubríamos que non tiñan frenos e despois de bater contra algún muro aprendíamos a resolve-lo problema. Xogábamos a "churro va" e ninguén sufreu hernias nin dislocacións vertebrais. Saíamos da casa pola mañán, xogábamos todo o dia e só volvíamos cando se encendían as luces da rúa (donde as había), ninguén podía localizarnos porque non había telefonos móbiles e buscabamos madeiras donde fose para facernos unha cabaña e pasar alí o rato.
Abríamo-la cachola xogando a guerra de pedras e non pasaba nada xa que eran cousas de nenos e se curaban con mercromina "roxa" e uns puntos e o día seguinte todos tan contentos. A metade dos compañeiros de clase tiñan o queixo partido ou algún dente mellado ou algunha pedrada na cachola. Tivemos loitas donde nos partiamos a cara os uns ós outros e aprendimos a superalo. Iamos a escola cargados de libros e cadernos todos metidos nunha mochila que rara vez tiña reforzos para os ombreiros e moito menos !rodas!... Comíamos doces e bebiamos "fanta" e "mirinda" pero non éramos obesos, se acaso algún era gordiño e punto. Compartiamos as latas de refrescos e ninguén se contaxiou de nada, só nos contaxiabamos dos piollos na escola, cousa cas nosas nais arranxaban lavándonos a cachola con vinagre quente.
Non tivemos PlayStation, Nintendo 64 nin 99 canais de televisión, nin son sorround, nin ordenadores nin internet pero pasabamolo lindo co tirachinas e arrastrándonos polo chan destrozando a roupa. Nós sí tiñamos amigos, quedabamos con eles e saíamos, ou máis ben nin siquera quedabamos, saíamos a rúa e alí xogabamos ca nosa tecnoloxía punta (as chapas, as canicas, a churra, balóns de fútbol improvisados...). Tragabamos os chicles e non se quedaban pegados á tripa, bebíamos auga sen embotellar, direitiña da billa ou das fontes e pichos donde chupaban os cans. Antes non había cans perigosos nin Pit Bulls, se acaso algún que che facía botar unha carreira e dábache unha dentellada no cú pero xa as nosas nais nos tiñan vacinados contra a rabia e o tétano. Algúns estudantes non eran tan intelixentes coma outros e repetiron curso xa que non se inventaban !exámenes extra! e ligabamos coas rapazas persiguíndoas para tocarlle o cú e xogando o bico e o atrevemento e non nun chat decindo :) :D :p
Eramos responsabeis das nosas accións e arreábamos coas consecuencias. Non había ninguén para resolver iso. A idea do pai protexéndonos si transxedíamos algunha lei era inadmisible, se acaso arriábante un guantazo ou zapatillazo e calabas. Tivemos liberdade, fracaso, éxito e responsabilidade e aprendimos a crecer con todo elo. Esta é a nosa xeración, a XERACION DOS 70.

Os membros de HAIQUIRINDO