O Parque Natural das FRAGAS DO EUME trátase dun espazo protexido, pero visitable, que ofrece agradables sorpresas a quen o percorre. Para o lecer do viaxeiro as Fragas do Eume despregan as súas habilidades máis seductoras: lugares fermosísimos cheos de vida e luz o carón das augas mansas do río no que medran bosques de ribeira baseados nos choupos e amieiros que agochan auténticos tesouros de fieitos e musgos.
O parque presenta ata 20 rutas de sendeirismo a través das súas 9.126 hectáreas que percorren 5 concellos sendo o maior bosque atlántico de Europa, un ecosistema único. A nosa ruta escollida transcurreu polo antigo camiño medieval que nos levou ata o Mosteiro de Caaveiro, e bordeando o río baixamos ata a antiga Central de Ventureira a través dunha impresionante beleza paixasística para voltar o punto de partida. Do pouco que vimos ó Parque Natural das Fragas do Eume pódese decir que é natureza viva, unha auténtica xoia forestal que hai que conservar.


