16.3.11

ENTROIDO 2011

Chegou e pasou o tempo para a diversión e o bo xantar (orellas, filloas, bica, cachucha, androlla, chourizos, lacón con grelos.... uhmmmm!..), datas nas que se poden romper tóda-las normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre a vida mesma: O ENTROIDO, esa festa popular que nos indica o fin do inverno e o comezo da primavera. O feito de ironizar sobre certas institucións foi motivo suficiente para prohibilo durante a época franquista pero mantívose vivo nas nosas aldeas cunha manifestación dunha moi fonda tradición de personaxes enmascarados e adornados mesturando esas tradicións ancestrais con outros elementos máis novos e que aínda perduran ata hoxe. Así pois, meus amigos, vivamos o entroidoooooooo....  vivamos nas nosas aldeaaaaaaas..... VIVAMOS COMA GALEGOOOOOOOOS.......!
Firmado: Hutchinson