A Pedrachán é un lugar dunha especial singulariedade, un recuncho fermosísimo.Trátase dun barrio no que boa parte das viviendas están edificadas en rocha viva e no que na antiguedade se reuniron unha boa lista de oficios tradicionais coma canteiros, curtidores, lavandeiras, muiñeiros,....
Nesta zona atravesada polo río Traba abondan os muíños que están en pé dende o século XV e que fai uns séculos foran propiedade de Antonio Cortés de Mendoza e Soutomaior, conde de San Bernardo, do cal se conserva o seu escudo de armas nunha porta que está a entrada dos muíños dos cales se fixo unha operación integral de restauración recuperando este patrimonio etnográfico que moi poucos coñecen, incluso veciños. Moi recomendable.