TEMPO: 2h. 24m.
Outra mañán fabulosa para estira-las pernas. Tomamos camiño da costa cara A Barquiña para subir monte a través ata o Corral de Orro e tomar un precioso sendeiro a través dunha corredoira que nos levou ata o lugar de Vilaverde. Chungo foi o derradeiro tramo deste sendeiro do cal deixamos testimonio das pericias que tuvemos que pasar a través de fieitos, silvas, toxos e jarabullos que nos deixaron un escozor de carallo nas pernas que aínda nos dura hoxe, pero cando un está subido a bici xa sabemos que todo vale e hai que tirar para adiante. Dende Vilaverde aventurámonos a colle-la pista en obras da "autovía" para deixar atrás San Paio e chegar ata o lugar de Madeiro a altura de San Xusto. Aquí paramos para contempla-los enormes camións e recorda-la nosa infancia con aqueles fabulosos xoguetes dos "CLICKS DE FAMOBIL", do cal recordo ese "camión volquete" de diseño impecable, indestructible e perdurable no tempo, semellantes a estes camións de obra agás o tamaño. Así que o TAMA e HUTCHINSON dedícamonos a facer de Geyperman e Madelman recordando a estes dous xoguetes que tamén marcaron unha época.
Feitas as fotos de rigor ascendemos ata o viaducto que están a facer en Sedofeito para tomar un descenso vertixinoso a través do tramo en obras da autovía, pero.... oh, non! por si non nos chegou o dos toxos e jarabullos, tivemos que subir a bici o lombo e gateñar por pedras e rochas que habían dinamitado para poder continuar o descenso. Así que volta a tomar outra vez a pista chegamos ata Agrelo para subir polo camiño que transcorre a ruta de sendeirismo ata o Tambre e enlazar novamente ca corredoira que nos levaría ata o Corral de Orro, descendendo a toda velocidade por tramos perigosos de lama e auga ca consecuencia do "ostión" que se dou o HUTCHINSON contra o chan, voltar a erguerse e chegar o punto de orixe co corpo ben quente, pero ca sensación de ámbolos dous de que a pesar de todo.... PASÁMOLO BEN....!
Firmado: Hutchinson