Partimos da aldea de Veiga da Zarza, o noso posto base, a 1 escaso kilómetro antes de chegar a Taramundi, non sen antes mencionar a Tonia (muller vital que co máximo esmero coida dos seus apartamentos e casa de turismo rural dignos de acomodarse en calquera deles, por iso déixovos aquí a súa páxina web para quen queira disfrutar da estancia: www.casasdalexa.com ).Saímos da nosa casa rural tomando un sendeiro a carón do río pertecente a "Ruta dos Ferreiros" internándonos nun bosque autóctono de castanos e alisos para chegar o lugar de Mazonovo donde se pode visitar o Museo dos Muiños (un dos mellores conservados e didácticos desta clase de arquitectura o cal vale a pena paga-la entrada e visitalo). Tras tomar unha sidriña a primeira hora da mañán na taberna do muiño, comenzamos esta máxica senda de 14 km, coñecida como a Ruta da Auga descendendo polo val a través de castanos, nogais e carballeiras que nos van acompañar o longo de tódo-lo percorrido. A ruta perfectamente sinalada e coidada desvíanos un treito ata unha cascada cuio percorrido recorda a esceas de "Parque Xurásico" pola súa espesa, misteriosa e autóctona vexetación a través de fieitos centenarios e sendeiros escarpados que che trasladan a un mundo máxico.
De volta a senda, retomamo-lo camiño para chegar ata a aldea de Esquíos dende donde se poden tomar dúas alternativas, ben indo cara a aldea de As Veigas ou cara a aldea de Teixois (ben sinaladas ca distancia a percorrer e o tempo estimado). Nós escollemos cara As Veigas por unha fermosa senda de regatos, carballos, nogais, etc.... e chegamos a esta aldea, unha aldea máxica, de conto, o carón do río Turia e restaurada na súa totalidade. Aquí coñecemos a Alfredo e os seus dous cans "mastins" por nome Xurxo e Nicolás, que merecen unha mención aparte desde o seu traballo ben feito facendo deste lugar un exemplo de arquitectura ben conservada ata tomar unha sidriña enfriada de forma natural no río ou tomar un café de pota das antigas cafeteiras de porcelana, despois de proba-las súas especialidades en churrasco ou lacón con pimentos. - cabe destacar que o Alfredo despois de nacer nesta aldea e ter que busca-lo seu porvenir en León, co paso dos anos voltou a súa "aldea fantasma" para comprala na súa totalidade e proceder a restaurala para aloxamento rural, por iso tamén fago mención da súa web www.asveigas.com - Dende aquí tomamo-lo camiño polo lado dereito do río que conduce a aldea de Teixois, outra aldea de 5 casas totalmente restaurada que dispón dun complexo etnográfico con mazo, muiño, batán e roda de afiar, ademáis dos mesóns onde comer e a súa taberna na que houbo tempo para tomar outra sidriña xunto cos chourizos feitos na aldea e gozar da maxia do lugar sin mira-lo reloxio. A senda lévanos paralelo o arroio de Mestas ata a aldea de Esquíos para tomar novamente o camiño ata o inicio da senda, chegar a nosa casa rural para doura-las castanas nas ascuas preparadas na chiminea e gozar dunha compaña, dunha cea e dun sono máxico e espiritual. Algo ten esta ruta...!