RECORRIDO: 32 Km.
TEMPO: 3 h. 11 m.
Este fin de semana pasado celebrouse a I Ruta BTT no Concello de Lousame, unha fermosa ruta, ben organizada por certo, pero bastante dura cunha dificultade media-alta e toda a través de montana sen apenas tocar a estrada. Tomámo-la saída dende Cruído 180 participantes, entre eles TAMA e HUTCHINSON (dorsais 63 e 65 respectivamente, faltaba o 64 de CRIVI ), unha saída inicial moi divertida a través dun pequeño circuito de trial que fixo estira-lo grupo nada máis comenzar para ascender durante 10 Km. ata os montes de Fruime. A partir de aquí empezaron as costas máis duras desta marcha e xa se empezaron a ve-los primeiros dores e abandonos, outros en cambio votáronlle peito ca bicicleta ó lombo. O recorrido levounos ata as Minas de San Finx para iniciar unha nova ascensión ata o Parque Eólico e descenso ata o avituallamento na aldea de Aldariz para comenzar novamente a ascensión ata o Monte da Muralla. Os máis "listos" e os máis "esgotados" agardamos a que os máis "valentes" fixeran esta ascensión de 3 km. aproximadamente para volver a reagrupalo grupo. Tras o avituallamento iniciouse unha nova ascensión o Parque Eólico pola outra ladeira do monte atopando pola ruta os indicios dos "calambres nas pernas" en certos compoñentes da marcha, así que mostrando solidaridade ó lema de que aquí se ben a pasalo o mellor posible, o amigo TAMA comenzou a facer de "fisioterapeuta amateur" (ata 3 veces) para que cada un conseguise o seu obxetivo. E así foi, jodidos, pero todos para adiante.
Nós, tras chegar o cruce de Vilar de Reconco e ascender un pequeno repeito polo cortafogos donde no alto poudemos apreciar unhas fermosas vistas da ría de Noia-Muros, iniciamos un descenso vertixinoso no tramo final para chegar o derradeiro kilómetro desta marcha a través dun fermoso camiño moi técnico a carón do río para chegar o punto de partida co agrado de rematala marcha na súa totalidade e o bo compañeirismo que reinou durante ela, non sen deixar atrás a "mensión espisial" do ADRIAN: "Rapás de quinse anos que fixo o percorrido subido a un ferro máis que a unha bisicleta, que por rodas levaba dúas ferraduras e por pernas dous pistóns".
Firmado: Hutchinson e Tama