RECORRIDO: 38 km
TEMPO: Dabondo
Ante todo, mereceu a pena o resultado final, ¿non creedes compañeiros de ruta?
Amaneceu soleado este día 20 de Xuño. Quedamos dous dos compoñentes de haiquirindo para participar nesta ruta de dificultade media-alta e ben organizada pola peña "Os Chans de Barbanza". Tomando o café as 8:15 h. acompáñanos outro biker, montamos as bicis na furgo e tiramos para a saída donde nos atopamos con outros bikers coñecidos cos que finalmente fixemos a ruta xuntos: HUTCHINSON, CRIVI, TONO, MARCOS e JOSE.
Tras a inscripción e quencemento muscular tomámo-la saída da praza do concello a eso das 9.40 h. Prometíamosnola moi boas pero non sabíamos o que íamos atopar polo camiño cunha dura combinación de sendeiros, trialeiras e corredoiras que o final pasaron factura a uns cantos de nós. Ascendemos por Espiñeira ata os montes de Belles por sendeiros que fixeron estirar pouco a pouco o pelotón de máis ou menos 100 participantes.
A primeira parte do recorrido fomos aguantando ben a roda duns e doutros ata que nos pasou a única muller participante nesta marcha... vaia ritmo! o comentario de MARCOS foi de: segue esa roda, segueaaa!... que é a roda boa! O HUTCHINSON aguantou detrás dela 10 minutos pero nada mais, notábase co meu corpo viña dun resfriado e pasoume factura que ata quedei descolgado dos meus propios compañeiros no que quedaba de ruta. Deixando atrás Insuachán, cruzamos a aldea de Moimenta cara a Guiende para face-lo avituallamento, non sen antes cumplir co meu ritual: caer primeiro baixando a trialeira tras engancharme a pedaleta nas pedras e desfacela, e segundo, facendo un vó aéreo deses que se collen por unha silveira abaixo. Tivo que vir a "orjanisasión" a recollerme. Así que despois da paradiña iniciámo-la marcha de novo pero o meu estómago non aceptou ben o Gatorade ese de color bermello que tomei. Antes de ascender ó lugar do Cubelo tiven que tomar outra ruta alternativa dado o necho que levaba no xeonllo e o estado do meu estómago, e a miña sorpresa e que me atopei cos meus compañeiros facendo a baixada da trialeira dende este lugar, co cal me propuxen acelerar e facerlles unha pasada mítica.... había que mirarlles a cara que puxeron, je,je,je.... Tra-la aclaración do sucedido e o estado do meu corpo propúxenme toma-la alternativa máis curta en solitario e xa nos veríamos na meta final. Antes de 2 kilómetros de chegar a meta volvéuseme a trilla-la roda e pinchar pero.... manda carallo! o bombín devéuse quedar na silveira da segunda caída, co cal non me quedou outra que ir camiñando dende a aldea de Runs. Xa na meta obsequiaronnos cunha "medalla" (eu non sei se a merecía por iso dos atallos e ó MARCOS era a primeira que lle daban na súa vida) e trala entrega dos premios e tomar unha cervexiña cerrámola marcha cunha boa comida que nos obsequiaron ós participantes e contar as vivencias que pasamos cada un de nós (aquí sí que se me asentou o estómago).
Dende aquí queremos enviarlle unha aperta forte a TONO, MARCOS e JOSE que fixeron máis amena e divertida a marcha dos compoñentes de haiquirindo: Hutchinson e Crivi.
Vémonos noutra...!
Firmado: Hutchinson