20.4.10

ATAQUE O "MONTE TREMUZO"

RECORRIDO:  48,30 Km.
TEMPO:  3h. 36m.

Como non, de novo TAMA e HUTCHINSON tras a toma e posesión duns churriños decidimos ataca-lo "Monte Tremuzo", así que tomámo-la estrada a Serra de Outes para desviarnos a aldea de Brión de Abaixo e tomar pista asfaltada ata o Cruceiro de Roo. Dende aquí comenzámo-lo "ataque o Monte Tremuzo" por pista asfaltada non antes sin probar subir por corredoiras con volta atrás. Así que deixando a aldea de Outón de lado, iniciamo-lo ataque subindo por pista de gravilla escollida polo compañeiro TAMA..... !Quen lle faría caso, oh..!. Despois da malladura de sol, ter que baixar da bicicleta e tomar refresco nun regueiro, ousamos tomar pista de terra para chegar o Parque Eólico de Pedregal-Tremuzo, estiralas pernas un ratiño, pinta-lo indio escalando un dos muiños eólicos e face-las fotos de rigor. Dende aquí as vistas son fermosas cara a vila de Muros e por falta de previsión de tempo descartamos iniciar unha caralluda subida por pista de terra de cara  As Paxareiras (noutra ocasión será e non ha de tardar moito...), así que tomamo-lo descenso deixando atrás as aldeas de Arestiño e Catadoiro para iniciar unha nova escalada de 2 km. de desnivel alto ata a área recreativa de Tremuzo. Erróneamente escollemos ir por pista de gravilla sen saída entre os muiños para logo ter que dar a volta pero a partir de aquí decidimos escoller un descenso a través dunha corredoira que, bendita sexa, foi o noso maior disfrute tomar este descenso vertixinoso para a solta de adrenalina. Descenso algo perigoso si se toca freno, así que tomando certos riscos chegamos o final no lugar de Sueiro con dor de monecas e pescozo pero con ganas de repetilo en vindeiras ocasións, e tras refrescarnos na fonte iniciamo-lo haiquirindo de cara a Noia.
Firmado: Hutchinson