6.4.10

CHURROS..... QUE FAI FRIOOOOO...!

RECORRIDO:  27,20 km.
TEMPO:  2h. 40m.


Mañan fresca, despexada, pero moi fresca a deste Domingo 4 de Abril. Saíndo de casa e antes de acudi-lo lugar donde quedamos sempre, observo o mar en calma e a estela que dibuxan 3 cisnes o longo da escolleira, ¿de donde haberán saído estes tres?. Chegado xa a churrería da Praza de Abastos cos dedos conxelados por eso de levar guantes cortos, só estamos TAMA e eu, HUTCHINSON, para quenta-lo corpo cun chocolate con churros e iniciar a ruta.
Tomamos dirección a subida do Monte San Lois, coronado con certo esforzo despois do parón das festas de Semana Santa e dirixímonos o mirador do Monte Armada donde facemos as fotos de rigor, cun breve descansiño para contempla-las fermosas vistas da nosa ría e botar un pis. Aquí cruzámonos con outros "bikers" con un ritmo maior co noso....  ala, ala, ide indo...!. Dende aquí tomamos camiño a aldea de Vilaboa donde un can nos amosou a súa dentadura perfecta, ven alineada e afiada..... houbo que darlle piñón a bicicleta!. Xa en pista asfaltada pasamos pola aldea de Canabal e ascendimos pista de terra en dirección a canteira cruzándonos cun grupo de "trial". Chegados o cruce de pistas decidimos ascender a canteira polo seu lateral, subindo por unha trialeira de pedras soltas que fixeron poñer a proba unha vez máis a nosa pericia pero, uffff! ufff!.... !esto non pode ser bo para o corpo...! Chegados o cume xa ben acalorados atopámonos con gando variado e co vento asubiando, e antes de inicia-lo descenso para casa botamos un grolo non sen antes decir eso de..... que..?, haiquirindo!
   Tras un desnivel vertixinoso pola conocida "serpentina" e tras cruzarnos cun grupo numeroso de "bikers" con camisetas patrocinadoras chegamos a Noia ca sensación de que hai que darlle máis duro e ca conclusión de  !o que costa subir e que rápido se baixa...!
   Ata outra...!
   Firmado: Hutchinson