Ruta do RIO BAROSA
Esta ruta etnográfica-medioambiental augas abaixo do RIO BAROSA (parada fundamental do Camiño Portugués ata Compostela) transcorre no concello de Barro, provincia de Pontevedra. Nela atópase unha escepcional topografía de expresión natural en forma de remansos e fervenzas, chegando a máxima expresión coa fervenza de Barosa, duns trinta metros de desnivel e cuios márxenes foron moi ben aproveitados para a construcción de dezasete muíños, símbolos da nosa cultura popular, rodeados dun bosque típico de ribeira, con ameneiros, salgueiros, freixos, loureiros, carballos, castiñeiros, etc.... a través dun pequeno circuito pechado de 3,5 kilómetros. Recomendable polo tanto para principiantes e iniciarse no coñecemento do noso patrimonio etnográfico e medioambiental.
Desta vez a nosa "mensión espesial" e para o Muíño de Valerio, unha taberna típica e enxebre que se atopa nesta ruta o carón do río para disfrute de todo-los que participamos nesta camiñata.