10.9.10

GALAICO EXPRESO





O Galaico Expreso aínda que non se pode considerar propiamente unha ruta de sendeirismo, é unha viaxe en tren que te leva pola beira do río Miño, Sil e Cabe o longo de 46 kilómetros que transcorren polo antigo eixo ferroviario da Ribeira Sacra. O pracer desta viaxe parte dende o propio tren, no que se pode escoller calquera cabina individual con eses asentos de coiro, luces de emerxencia, musiquiña ambente para a ocasión tipo "Memorias de Africa" (ou para quen o prefira tipo "O Paciente Inglés") que che transportan no tempo cando a través das ventás podes asoma-la cachola dándoche de cheo ese aire puro no rostro e contempla-la paisaxe de castiñeiros, carballos e bidueiros o marxe do río.
Nós ousamos por facela ruta dende Ourense a Monforte de Lemos para subir ata o castelo nesta última localidade e tomarlle un "pulpiño" tan noso no barrio xudeo.... perdón, foron dous.... hai non.... que foron tres pulpiños!... hip,hip,hip,.... o viño peleón tamén fai das súas! Aquí temos que facer esa "mensión espesial" a Luis e Nenita, unha parella de 80 e pico anos que nos fixeron pasar unha boa tarde de lecer, hip,hip,hip.... De volta xa na estación de Ourense (xa son as oito da tarde, hip,hip,hip...) e tras pasar unha pequena "aventurilla" reservada para aqueles 3 que fixeron a viaxe, tomámolo auto para parar na localidade de Cea e disfrutar do festival de "Orquestas para o mundo", con boa música e bo ritmo para remata-la xornada, je,je,je.....

Firmado: Hutchinson