10.8.10

Estiramento TRI-TREK

Recorrido:  14,46 km.
Tempo:  1 h. 08 m.

Despois dunha pausa de varias semás por aquelo de que o verán serve pra facer máis cousas, o panorama mostrábase excitante: tarde de sol, uns en mellores condicións ca outros pero todos co mesmo desexo de montar en bici para facer unha pequena ruta que nos levou dende o porto de Castiñeiras ata o miradoiro da Pedra da Rá, cunha escalada curta pero explosiva donde algún de nós quedou sen folgos. Xa no miradoiro, o TRIO-TREK desta vez foron HUTCHINSON, CLINT e TAMA, que disfrutamos da fermosa panorámica sobre a Ría de Arousa, a Illa de Sálvora e o Parque Natural de Corrubedo.
Tras un pequeno refrixerio e por sendeiros empedrados alcanzámo-lo cume do monte que nos levou a recabar opinións: ¿e agora por onde baixamos, oh...?.... Dende o cume divisamos unha vertixinosa "trialeira" de rochas e sendeiro arcilloso feito de  -area de resebar- según CLINT. Afrontámo-lo perigo a pé e cas bicis o lombo que nos fixo mantela concentración e sacar algunha que outra gargallada.
Tralo camiño de volta o máis destacabel foi a ducha fría que nos ofreceron por aquelo de non coñecer "o sistema do aquencedor" e a boa cea que fixemos para fortalece-la nosa amizade e que por sí soa pagaba o esforzo feito.


Firmado:  Hutchinson