30.3.10

Ruta CORGA DA FECHA -Parque do Xurés- (OURENSE)

Desta vez dentro do Parque Natural do Xurés ousamos por facer unha ruta de senderismo de 4 kilómetros de ida e outros tanto de volta, cunha dificultade media-alta. Tivemos que tomar como referencia o Balneario Termal de Lobios e pasando por diante da entrada a 100 metros chegamos o comenzo da ruta donde se pode deixa-lo coche. Tomamos a pista perfectamente sinalada (antigo trazado da vía romana) a marxe do río e a uns 200 metros a dereita atopámonos cas ruinas de "Aquis originis" que ven sendo unha antiga construcción termal da época romana. Retomamos a pista e de súpeto empozou a caernos unha treboada de campeonato tomando como refuxio un antigo muiño o outro lado da ponte. Aquí estivemos un rato pero a cousa ía para máis, así que "a botarlle peito" e a uns 150 metros a esquerda tomamos o sendeiro que nos levou a Corga da Fecha.... !vaia espectáculo!.... !vaia festival para os sentidos!.... Empezaron a brinca-los nosos corazóns entre os raios, os tronos da treboada e a imaxe que tiñamos ante nós. Tiñamos diante unha fervenza con un desnivel de 200 metros ( non me equivoquei, volvo a repeti-lo o dos 200 metros, de xeito fixádevos ben na foto que adxunto pois o inicio é xusto onde se perde a montana co ceo) e cunha violencia e forza da auga de cor verde esmeralda que nos fixo retroceder en breve tempo. No lateral da fervenza iniciase o ascenso o punto máis alto a través dun sendeiro rocoso que, dado as circunstancias da treboada, o chan resbaladizo e a molladura que estaba a recibi-lo noso queridiño corpo, tivemos que deixa-la escalada para outra ocasión. Si dende abaixo foi todo un festival, imaxinamos que o mesmo ocurrirá visto dende o seu punto máis alto! Voltando novamente a pista, ésta segue ata atoparse cunha acumulación de miliarios da época romana, pero nós optamos por voltar cara onde tiñamos o coche. De volta poidemos parar nunha poza pública de auga quente o lado do Balneario, pero estaba chea de xente a pesar da treboada que estaba a caer, así que, de volta a casa, houbo que poñer a roupa a secar (dios...! está enchopada..!), duchiña quente, cervexa e preparar unha boa cea, je,je....
Firmado: Hutchinson